“Tan importante es conservar las palabras como preservar la Naturaleza que nombran”. Baixo estas palabras Mónica Fernández-Aceytuno fundou no 2007 o portal da Natureza www.aceytuno.com, co patrocinio da Fundación AQUAE, elaborando nel o “Diccionario Aceytuno de la Naturaleza. Este é un Dicionario científico elaborado desde a literatura, no que pouco a pouco o abecedario vaise facendo máis grande, mentres observamos a Natureza.

Mónica Fernández-Aceytuno é Licenciada en Ciencias Biológicas pola Universidade Complutense de Madrid e dedícase á Divulgación da Natureza desde 1991 na prensa. No ano 2003 recibe o Premio Nacional de Medio Ambiente “Félix Rodríguez de la Fuente de Conservación de la Naturaleza” pola súa labor de difusión, no ano 2007, o Premio Literario Jaime de Foxá e no 2008 fáiselle entrega da Medalla de Honra do Colexio de Enxeñeiros de Montes ao Mérito Profesional pola súa actividade na prensa e en Internet. É columnista de ABC desde 1997 e da republica.com das ideas desde 2010. Desde 2015 realiza microdocumentales, chamados Clips Natura, difundidos no Canal 24 horas da TVE, tamén en El Confidencial, EFE VERDE y en AQUAE TV.

A emisión será este sábado, 13 de febreiro do 2021, ás 12:30h., baixo o título “Diccionario Aceytuno de la Naturaleza. Se queres participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais.

Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:

E tamén:

 

Agardámoste!