O vindeiro venres, 3 de outubro do 2025, desenvolveremos unha nova actividade no marco do noso programa BioDiversidade. Unha iniciativa do G.N.Hábitat coa que procuramos unha #naturezainclusiva, prestando especial atención a usuarios, achegados (respiro familiar) e organizacións que traballan con persoas con dispacidade, colectivos vulnerables ou en risco de exclusión, e pola diversidade funcional, promovendo a integración e a participación activa en materia de coñecemento, divulgación e conservación do patrimonio natural.

Nesta ocasión virán connosco os usuari@s do programa formativo RUTA da Fundación Amador de Castro, cos que realizaremos unha andaina ambiental na contorna da Torre de Hércules onde aprenderemos a identificar, recoñecer e respectar a diversidade biolóxica e os hábitats máis representativos deste Espazo Natural de Interese Local (ENIL). Unha xornada de descuberta e conversa sobre a fauna, a flora e a situación ambiental deste emblemático enclave da nosa cidade.

Seguro que será unha fermosa xornada!