En vista do éxito da pasada convocatoria, e novamente no marco dos nosos Obradoiros Ambientais, organizamos un segundo encontro para achegarnos á Paleontoloxía.  Ciencia que dende hai séculos nos axuda a comprender como era o mundo millóns de anos atrás, e que continúa evolucionando hoxe en día grazas ás novas tecnoloxías e á curiosidade científica!

Será unha nova ocasión para falar de fósiles (que son, como se forman,…). Coñeceremos algúns dos máis emblemáticos de España, pero tamén aqueles que se poden atopar aquí mesmo, na Coruña. A continuación pasaremos á práctica: experimentaremos cos procesos de fósilización, e aprenderemos as técnicas utilizadas pol@s paleontólog@s para estudar o pasado máis remoto da Terra.

A actividade, de balde e dirixida á rapazada maior de 8 anos, terá lugar o venres 12 de setembro do 2025, ás 17h, no local social do G.N. Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña – ver localización no mapa –). Os menores de idade deberán estar acompañados dun adulto. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Agardámoste!