Hoxe, luns 8 de setembro de 2025, instauramos o “Día da Antela”, coincidindo co 67º aniversario do inicio das obras de drenaxe da que foi a principal zona húmida interior de Galicia: a Lagoa de Antela, no corazón da Limia (Ourense).
A súa desaparición, consecuencia dunha visión de “progreso” mal entendido, trouxo consigo unha perda incalculable de biodiversidade e a degradación dun ecosistema único.
No noso artigo publicado onte en La Opinión de A Coruña repasamos a historia, o valor ecolóxico e a oportunidade histórica que temos hoxe de recuperar parte deste espazo emblemático:
"Sobre a lagoa de Antela (A Limia)"
Publicado en La Opinión A Coruña con motivo do aniversario do drenaxe da lagoa de Antela.
Ler artigo completo →
Convidamos a toda a sociedade galega a informarse, debater e divulgar sobre a restauración da Antela, marcando así o 8 de setembro como unha data sinalada no calendario naturalista: o DÍA DA ANTELA.

Leave A Comment