O vindeiro sábado, da man dos voluntarios de Arce Clima, levaremos a cabo unha xornada en contacto coa natureza, na que combinaremos actividade física, recollida activa dos residuos que nos atopemos no noso percorrer, e descuberta/posta en valor da biodiversidade presente na contorna do río Mero.

Hábitat continúa así co seu traballlo na liña da Responsabilidade Social Corporativa, entendendo o compromiso coa natureza como unha necesidade que afecta a todos (entidades non lucrativas, administración pública, empresas privadas e sociedade en xeral), como beneficiarios duns valores naturais que compre legar ás xeracións vindeiras no mellor estado posible. A implicación das empresas neste sentido, integradas por persoas con inquedanzas e ganas de coñecer e participar activamente no coidado do medio lles rodea, supón unha realidade que xestionada correctamente pode contribuir de xeito moi positivo á mellora ambiental da sociedade da que todos formamos parte.