CALENDARIO DE ACTIVIDADES 2022
- Xoves 22 de decembro, ás 16:00h – Actividade realizada
- Obxectivo: andaina ambiental pola contorna do ENIL Torre de Hércules.
- Xoves 15 de decembro, ás 20:30h – Actividade realizada
- Obxectivo: presentación do estudo e resultados do Traballo de Fin de Máster (TFM) de Miguel Penas Boado “Dinámicas na sucesión ecolóxica despois de programas de erradicación de Carpobrotus edulis: efectos na ensamblaxe da comunidade vexetal e nas interaccións planta-herbívoro”. Un traballo dirixido polos investigadores e docentes Sergio Rodríguez Roiloa e Jonatan Rodríguez Parra, onde na área de estudo se aproveitaron diversos espazos de traballo nos que o Grupo Naturalista Hábitat leva desenvolvidas numerosas accións de retirada desta especie invasora nos últimos anos, da man do voluntariado ambiental, con especial fincapé no ENIL Torre de Hércules..
- Información específica da xornada: acceso á noticia.
- Domingo 4 de decembro, ás 10:30h – Actividade realizada
- Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras no ENIL Torre de Hércules.
- Venres 11 de novembro, ás 10:30h – Actividade realizada
- Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras no ENIL Torre de Hércules.
- Participa: Plataforma Coruñesa de Voluntariado.
- Xoves 10 de novembro, ás 16:00h – Actividade realizada
- Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras no ENIL Torre de Hércules.
- Participa: Plataforma Coruñesa de Voluntariado.
- Venres 4 de novembro, ás 13:30h – Actividade realizada
- Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras no ENIL Torre de Hércules.
- Venres 4 de novembro, ás 10:30h – Actividade realizada
- Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras no ENIL Torre de Hércules.
- Participa: CEIP Víctor López Seoane.
- Mércores 2 de novembro, ás 10:30h – Actividade realizada
- Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras no ENIL Torre de Hércules.
- Participa: CEIP Víctor López Seoane.
- Domingo 30 de outubro, ás 16:00h – Actividade realizada
- Obxectivo: andaina ambiental pola contorna do ENIL Torre de Hércules.
- Venres 14 de outubro, ás 16:00h – Actividade realizada
- Obxectivo: andaina ambiental pola contorna do ENIL Torre de Hércules.
- Xoves 13 de outubro, ás 09:30h – Actividade realizada
- Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras no ENIL Torre de Hércules.
- Participa: CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma.
- Venres 9 de setembro, ás 16:00h – Actividade realizada
- Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras no ENIL Torre de Hércules.
- Luns 29 de agosto, ás 10:30h – Actividade realizada
- Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras no ENIL Torre de Hércules.
- Domingo 28 de agosto, ás 10:30h – Actividade realizada
- Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras no ENIL Torre de Hércules.
- Domingo 21 de agosto, ás 10:30h – Actividade realizada
- Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras no ENIL Torre de Hércules.
- Martes 26 de xullo, ás 10:00h – Actividade realizada
- Obxectivo: andaina ambiental pola contorna do Parque de Bens.
- Participa: Down Coruña.
- Sábado 23 de xullo, ás 10:30h (1ª quenda) e ás 17:00h (2ª quenda) – Actividade realizada
- Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras no ENIL Torre de Hércules.
- Luns 11 de xullo, ás 11:00h (1ª quenda) e ás 16:00h (2ª quenda) – Actividade realizada
- Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras no ENIL Torre de Hércules.
- Participa: Asociación Mariñas-Betanzos, Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, LIFE Fluvial, Cooperación Internacional e Fundación Aliatar.
- Domingo 10 de xullo, ás 16:00h – Actividade realizada
- Obxectivo: andaina ambiental pola contorna do ENIL Torre de Hércules.
- Mércores 22 de xuño, ás 16:30h – Actividade realizada
- Obxectivo: andaina ambiental pola contorna do ENIL Torre de Hércules.
- Participa: alumn@s de Léxica – Escuela de español para extrajeros (cooperativa de formación). Actividade dirixa á integración a través da cultura ambiental.
- Luns 23 de maio, ás 20:30h – Actividade realizada
- Obxectivo: conferencia online no marco da “Semana sobre Especies Invasoras: Portugal e España (SEI 2022)”, na que puxemos en valor os catro anos de esforzos investidos (2018-2021) no Espazo Natural de Interese Local – ENIL Torre de Hércules, coa retirada da Carpobrotus sp. da man do voluntariado ambiental.
- Información específica da xornada: acceso á noticia.
- Domingo 1 de maio, ás 09:30h – Actividade realizada
- Obxectivo: charla e saída de campo na zona de Feáns, para poñer en valor a biodiversidade ligada ás prácticas agrarias que se levan a cabo na periferia do municipio. Os nosos compañeiros, David Dopereiro e Ismael Espasandín, amosarannos o seu traballo coa herpetofauna no concello de A Coruña, e máis concretamente coa víbora de seoane (Vipera seoanei).
- Información específica da xornada: acceso á noticia.
Para participar nas diferentes actividades abertas ao público é imprescindible a inscrición previa a través do seguinte formulario (agás naquelas que conten cun apartado de “Información específica” cunha ligazón propia):
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!
O PROGRAMA “CUSTODIA DO TERRITORIO E VOLUNTARIADO”
Por quinto ano consecutivo, encarando un lustro de actividades a prol do patrimonio natural da cidade, a Concellería de Medio Ambiente do Concello da Coruña e o Grupo Naturalista Hábitat retomamos a nosa colaboración no marco do programa “Custodia do Territorio e Voluntariado”. Unha iniciativa que acubilla, en cada campaña, diversas actividades dirixidas ao estudo, a divulgación e a conservación das áreas de interese ambiental da cidade da Coruña, con especial fincapé na contorna do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Torre de Hércules.
Ao longo das campañas 2018/2021 deste programa, un total de 1012 persoas teñen participado nas diferentes accións organizadas polo G.N.Hábitat. Nenos e maiores de todas as idades, que compartiron connosco tempo e esforzos nos eidos da divulgación e o voluntariado ambiental. Nesta liña, compre destacar os avances alcanzados no control da especie exótica invasora Carpobrotus edulis (coñecida como “Uña de gato” ou “herba do coitelo”), que se espalla pola contorna da Torre de Hércules, restrinxindo e comprometendo a diversidade biolóxica alí presente. Hoxe día, 51.550 kg foron xa retirados grazas aos 758 voluntari@s participantes nas actividades de eliminación desta planta invasora! Moito suor, e todo un exemplo de traballo colaborativo a prol do patrimonio natural. Tarefas que debemos retomar con forza para seguir mellorando a contorna deste ENIL, pois aínda queda moita superficie afectada. Polo tanto, a campaña 2022 continuará coa filosofía e obxectivos das pasadas edicións, promovendo novamente diferentes actividades ambientais, tanto na Torre coma noutros espazos da cidade.
Organizaranse de novo xornadas abertas ao público e de balde, mais as prazas serán limitadas en cada sesión, sendo precisa a inscrición previa para a participación a través dos formularios online que sexan habilitados na nosa web, segundo o avance do programa. Todos aqueles participantes confirmados contarán cun seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil durante o desenvolvemento das actividades, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas. Así mesmo, o G.N.Hábitat poñerá a disposición os recursos necesarios para poder desenvolver axeitadamente cada xornada.
Contamos contigo!


Leave A Comment