convenio

Hábitat comprácese en comunicar que ven de asinar un convenio de colaboración coa Universidade da Coruña para desenvolver diversos proxectos no marco do programa de Aprendizaxe-Servizo da UDC, como complemento á formación integrada do alumnado universitario.

Deste xeito, no próximo curso escolar (2016-2017) levaremos a cabo actividades formativas enmarcadas nos contidos prácticos da materia de Botánica Sistemática: Fanerogamia, que se imparte no Terceiro Curso do Grao de Bioloxía, grazas á inestimable colaboración da Área de Botánica da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, da Dra. Elvira Sahuquillo Balbuena (coordinadora da materia) e do Dr. Manuel Pimentel Pereira (colaborador).

É mester salientar que o convenio asinado non leva asociada ningunha asignación orzamentaria, polo que os implicados nesta iniciativa investirán o seu tempo e esforzos de xeito altruista, que de seguro serán recompensados cos resultados obtidos nos futuros proxectos.

Seguiremos informando dos avances desta boa nova!