Diapositiva 1

Un ano máis, comprácenos anunciar a organización da III xornada da iniciativa “Especie do Ano na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo“, que neste 2016 centra a súa atención na Vacalura (Lucanus cervus), co obxectivo de achegar á cidadanía o coñecemento desta especie, así como ampliar a información sobre a súa distribución na nosa comunidade -en xeral- e no territorio da Reserva de Biosfera -en particular-.

Como xa e sabido, dentro da iniciativa “Especie do Ano” -en marcha dende o pasado 2014- Hábitat desenvolve en cada campaña diversas accións, tales como a edición dun tríptico informativo sobre a especie elixida, a elaboración dun espazo web con información xeral e a recollida de datos coa participación cidadá, culminando cada anualidade coa celebración dunha xornada de relatorios con diferentes expertos na materia. Todos os materiais elaborados e as iniciativas propostas póñense a disposición do público, e poden ser consultados e descargados dende a seguinte ligazón da nosa web: gnhabitat.org/especies-do-ano/

Deste xeito, e para rematar coa campaña deste ano, convidámovos a participar na Xornada sobre a Vacaloura, que terá lugar o vindeiro sábado 10 de setembro en horario de 10 a 14 horas, na Aula da Natureza Juan Lembeye, Avda. Xoan Carlos I, s/n. 15670, O Burgo (Culleredo. A Coruña): ver mapa de localización. Nesta xornada non soamente teremos ocasión de coñecer en profundidade a esta emblemática especie, senón que aproveitaremos para poñer en valor o conxunto da orde dos Coleópteros, a súa relevancia no noso medio natural e a importancia da investigación no eido da entomoloxía.

A participación é de balde e aberta ao público, sendo o aforamento limitado e imprescindible a inscrición previa (reserva de praza) a través do seguinte formulario:

Solicitude de praza

Descarga o cartel co programa da xornada (pdf): descargar

Dúbidas e comentarios no 981 135 014 ou en inscricion@gnhabitat.org

Agardámosvos!!!

NOTIFICACIÓN:

Por necesidades organizativas, comunícase o seguinte cambio na orde dos relatorios: a intervención de D. Marcos Méndez Iglesias desenvolverase logo da pausa de media mañá, antes da charla de D. Luis Pablo Torrella Allegue, quen intervirá finalmente en último lugar

Colaboran:

Colaboradores

2017-05-19T09:01:49+00:001 Setembro 2016|0 Comments

Leave A Comment