Dentro do proxecto “Coñece o teu mar”, o Grupo Naturalista Hábitat desenvolverá actividades divulgativas, cofinanciadas pola Unión Europea a través do GALP Golfo Ártabro Sur, para dar a coñecer o medio mariño que temos preto da casa. O obxectivo é educar e concienciar sobre a importancia dos ecosistemas mariños, a súa biodiversidade, conservación e os impactos humanos neles, atendendo ao Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) nº 14 Vida Submariña, que procura conservar e utilizar de xeito sostible os océanos, mares e recursos mariños.
No Concello de Arteixo terán lugar as seguintes actividades no Museo do Mar de Sorrizo (lugar do Porto, 4, 15144 Sorrizo, Arteixo: ver localización no mapa):
- Sábado, 19 outubro do 2024
- 10.00 – 11.30h – Actividade sobre medio mariño.
- 12.00 – 13.30h – Actividade sobre fauna mariña.
- Domingo, 20 outubro do 2024
- 10.00 – 11.30h – Actividade sobre flora mariña.
- 12.00 – 13.30h – Saída de campo (será necesario asistir a polo menos 2 actividades de aula para poder participar na saída de campo).
As xornadas son de balde e abertas ao público, previa reserva de praza (inscrición) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Todos os participantes que sexan confirmados vía e-mail contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía e-mail a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Dúbidas e comentarios en mares@gnhabitat.org│639 131 688
Agardámoste!

Leave A Comment