Como parte do proxectoVixías dos nosos ríos”, levaremos a cabo unha charla divulgativa para escolares do IES Concepción Arenal de Ferrol, o martes 8 de outubro.

Nela, explicarase aos alumnos do clube de ciencias a metodoloxía a seguir nos obradoiros en campo para avaliar o estado ecolóxico das augas do rio e do bosque de ribeira: análise da calidade do bosque de ribeira, medicións fisicoquímicas e índices de macroinvertebrados. Tamén poñerase en valor os ecosistemas fluviais e amosaranse algúns dos impactos que sofren estes ecosistemas. 

Esta actividade desenvólvese no marco de Vixías dos nosos ríos”, un proxecto do Grupo Naturalista Hábitat subvencionado por Augas de Galicia.

Dúbidas e comentarios en vixiasrios@gnhabitat.org│639 13 16 88