Chegando xa ao fin do noso proxecto Vixías dos nosos ríos, organizamos unha charla sobre un grupo de animais moi coñecido para nós, os macroinvertebrados. Desta vez contamos con Diego Moscoso, que nos vai falar dos invertebrados e particularmente do escorpión de auga.
Os macroinvertebrados son un grupo de vital importancia para o noso proxecto, xa que son moi bos bioindicadores da calidade dos ríos. A presenza ou aunsencia de determinadas familias poden indicarnos afeccións aos ecosistemas fluviais dunha forma moito máis fiable que con medicións fisicoquímicas.
Grazas a esta charla teremos unha imaxe global da situación dos macroinvertebrados dentro dos invertebrados, o que son os insectos e aprenderemos o caso do escorpión de auga e as súas particulares adaptacións. Finalmente Diego vainos contar o tema do seu Traballo de Fin de Grao e poderemos comentar todas as curiosidades e preguntas que teñamos.
A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o martes, 29 de outubro do 2024, ás 20:30 no local social do G. N. Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña –ver localización no mapa-). Para a asistencia e participación presencial é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
Agradécese a asistencia do público no local, xa que contaremos coa presenza do relator na xornada. Así e todo, se non te podes achegar ou se quedasen as prazas cubertas, tamén poderás conectar libremente ao directo a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito. Rematado o faladoiro daremos paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen recibidas.
Podes seguir o directo na nosa canle de Youtube:
E tamén:
Este obradoiro encádrase no programa de actividades de “Vixías dos nosos ríos”, un proxecto do Grupo Naturalista Hábitat subvencionado por Augas de Galicia.
Dúbidas e comentarios en vixiasrios@gnhabitat.org│639 13 16 88
Agardámoste!

Leave A Comment