O vindeiro martes, 29 de outubro do 2024, desenvolveremos unha nova actividade no marco do noso programa BioDiversidade, iniciativa onde procuramos unha #naturezainclusiva con diversas persoas e colectivos, promovendo a integración e a participación activa en materia de coñecemento, divulgación e conservación do patrimonio natural.
Desta volta reencontrarémonos cos compañeir@s da Fundación JuanSoñador e o seu Programa Teranga, que pretende a atención integral ás persoas migrantes, procurando favorecer a inserción sociolaboral dos participantes co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida, velando polos seus dereitos e deberes na sociedade de acollida e sensibilizando na interculturalidade como modelo de cidadanía. Con eles levaremos a cabo unha actividade centrada no mundo das aves, eternas migrantes, para coñecer polo miúdo as súas particularidades e rematando cun obradoiro de elaboración de caixas niño.
Seguro que será unha fermosa xornada!

Leave A Comment