Esta Semana Santa gustaríanos compartir con vós unhas cantas xornadas de campo. Este xoves, 6 de abril do 2023, de 10:30 a 13:30h faremos un Bioblitz na Fraga do Xarío, da man do Concello de Miño, que consiste na procura do maior número de especies de flora e fauna, coa participación de naturalistas profesionais e afeccionados. Deste xeito, a cidadanía poderá observar a biodiversidade que contén a zona, poñendo así en valor os compoñentes ambientais da contorna.

A xornada é de balde e aberta ao público. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado.

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!