Este venres, 7 de abril do 2023, de 11 a 18h (aprox.) gustaríanos que nos acompañedes para aprender da botánica das Fragas do Eume. Iremos da man de Iván Rodríguez Buján e de Eva Martínez Veiga, que nos amosarán todo o que hai que saber das especies botánicas que podemos ver nas Fragas do Eume mentres pasamos un día percorrendo unha das rutas do Parque Natural. A ruta será duns 6,9 km, circular e de dificultade moderada. Comeremos no Mosteiro de Caaveiro e cada persoa deberá levar a súa comida.
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. Para poder asistir tes que inscribirte neste formulario:
Tes ata o xoves, 6 de abril do 2023, ás 14h, para inscribirte.
Logo no correo de confirmación recibirás as instrucións para realizar o abono:
- Socios/as G.N. Hábitat: 5€
- Non socios/as G.N. Hábitat:
- Nenos/as (menores de 14 anos): 5€
- Adultos/as (maiores de 14 anos): 10€
É importante que lembres que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa e o pago por anticipado. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas ou que non fixesen o pago no prazo establecido. Todos os participantes recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Cada participante deberá achegarse ao punto de desenvolvemento da actividade polos seus propios medios. Rógase puntualidade, para poder comezar a actividade en tempo co grupo completo.
Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment