Este domingo, 25 de maio de 2025, de 10:30 a 13:30 h, convidámoste a participar no Bioblitz da Flora da Costa de Dexo, unha actividade organizada en colaboración coa Asociación de Veciños de San Antón de Dexo (Oleiros).
Durante esta xornada realizaremos unha saída de campo participativa para identificar e rexistrar as especies de flora presentes nesta contorna tan valiosa, contribuíndo así á mellora do coñecemento da nosa biodiversidade. Esta actividade forma parte de A Gran Semana, unha iniciativa estatal que promove a ciencia cidadá e a implicación da sociedade na conservación da natureza.
O Bioblitz é unha ferramenta útil e accesible para achegar a biodiversidade á cidadanía. A través da observación e do rexistro colaborativo de especies, incrementamos os datos dispoñibles sobre o territorio e poñemos en valor a riqueza natural que nos rodea.
Actividade aberta e gratuíta. Non é necesario ter coñecementos previos. As prazas son limitadas. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
Se che interesa a natureza e queres aprender máis sobre a flora da Costa de Dexo mentres colaboras cun proxecto de ciencia cidadá, esta é a túa oportunidade.
Dúbidas e comentarios en: avv.sananton@gmail.com │ 677463493
inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Achégate connosco!

Leave A Comment