O vindeiro sábado, 21 de decembro, ás 17h, no local social do G.N.Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña) (mapa) terá lugar a Asemblea Xeral de Socios da entidade, logo da cal aproveitaremos para conmemorar os 40 anos que cumpre o G. N. Hábitat este 2019 cunha cea xunto aos socios que queiran acompañarnos no Restaurante – Asador El Atlántico (mapa), situado preto do noso local, ademais desexarémonos un 2020 cheo de natureza e bos momentos.

Se es socio do G.N. Hábitat e tes pensado asistir a algún destes dous eventos, pregamos no lo comuniques a través do seguinte formulario online, facilitaras a organización e bo desenvolvemento da xornada.

Formulario de asistencia

 

A data límite para confirmar a asistencia á cea/aniversario é o 16 de decembro.

Prezos e menús dispoñibles no formulario de Asistencia.

Socio@, agardámosche!