O vindeiro sábado, os compañeiros de Hábitat Atocha Ramos e Cosme Damián Romay participarán na xornada conmemorativa do 130 aniversario da morte de Juan Lembeye Lartaud, naturalista e ornitólogo (autor do Libro Aves de la Isla de Cuba – 1850), cunha conferencia que terá ás aves como protagonistas indiscutibles, e Cuba como territorio a explorar. Unha estupenda ocasión para coñecer en profundidade esta ilustre figura do naturalismo da nosa terra.

Xornada de balde e aberta ao público (non precisa inscrición previa):

  • Data e horario: sábado 30 de novembro, de 17 a 19h.
  • Espazo: Aula da Natureza Juan Lembeye (xunto ao Xardín Botánico “Ría do Burgo”, a carón mesmo da ría). Avenida Xoan Carlos I, s/n. 15670 O Burgo (Culleredo) – Ver localización no mapa.

 

 

Agardámosche!