Este venres, 25 de agosto do 2023, de 10.30h a 13.30h, estaremos nas Fragas do Eume nunha actividade que tiñamos moitas ganas de facer, xa que estaremos cos compañeiros de EuroEume  na ruta de Cerqueiros, en Monfero. Nesta actividade descubriremos as diferentes especies de bolboretas que voan por esta zona do Parque Natural.

Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Achégate connosco!