Este domingo, 20 de agosto, de 11:30 a 14:30h., iremos ata a praia de Bastiagueiro (Oleiros) para visitar a fauna e flora de intermareal, aproveitando a marea baixa. Esta é unha actividade para compartir entre todos nós como asociaciados e asociadas do G.N. Hábitat e tamén en familia. Veremos cousas moi interesantes sobre as nosas algas, os crustáceos, peixes, e máis fauna que nos podemos atopar nestes espazos (entre eles os abraiantes nudibranquios). 

Actividade exclusiva para socios e socias do G.N. Hábitat. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014