Este sábado, 20 de setembro do 2025, de 9:30 a 11h, levaremos a cabo unha nova andaina ambiental pola contorna de Elviña, co obxectivo de coñecer a flora e fauna que acubilla. A actividade forma parte da edición 2025 da iniciativa “Sons e saberes no monte dos Crutos”, organizada polos compañeiros da Asociación Cultural Tempo Novo de Elviña e Castro. A nosa será unha máis das numerosas accións que integra esta amplia proposta, na que atoparás tamén obradoiros, concertos e demais accións de interese. Non perdas a oportunidade!
Na seguinte ligazón poderás descargar o cartel co programa da xornada. E ollo! Algunhas das actividades, incluindo a nosa, precisan de reserva previa a través dos contactos que figuran no programa da xornada.
Agardámoste!

Leave A Comment