Logo do éxito da xornada conxunta que levamos a cabo no pasado ano 2020, mañá celebraremos unha nova xornada ambiental cos nenos e nenas do campamento Furancho Deportivo (Concello de Vimianzo). Da nosa man, os rapaces aprenderán sobre a flora e fauna da súa contorna, e afondaremos na problemática dos residuos nos espazos naturais. Un tempo de conversa e traballo colaborativo, a prol do patrimonio natural
Xa con ganas de pasalo ben de novo con todos vós!

Leave A Comment