O Xoves, 12 de agosto do 2021 de 22h a 01h,  terá lugar unha nova actividade de Hábitat Protexe coas Avelaíñas, en Carral (A Coruña) da man de Manu Cernadas e Elia Pérez, naturalistas namorados das avelaíñas, que colocarán trampas de luz para atraer a estes insectos e nos explicarán datos interesantes sobre elas. Ademais intentaremos escoitar rapiñas nocturnas, mamíferos, así como detectar a presenza de morcegos, e de algún outro insecto nocturno.

O recadado destinarase INTEGRAMENTE á entidade de custodia: Brexa, Asociación de custodia do territorio. Esta entidade naceu en 2017 en Carral coa intención de preservar a Biodiversidade das terras ligadas ao río Brexa, afluente do río Mero. Co nome deste río, esta entidade de custodia comeza un gran traballo para conservar os espacios naturais para todos nós poidamos desfrutar deles.

Non perdades esta oportunidade!! As prazas son limitadas. Soamente son 15!! Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. Para poder asistir tes que inscribirte neste formulario:

 

Tes ata o martes, 10 de agosto do 2021 para inscribirte!!

Logo no correo de confirmación recibirás as instrucións para realizar o abono:

  • Socios G.N. Hábitat e Brexa: Gratuíto (as cotas de socio do G.N.Hábitat xa aportan anualmente a entidades de custodia).
  • Nenos (menores de 14 anos): 5€
  • Adultos (maiores de 14 anos): 10€

Se quixeses aportar máis á entidade coa que participamos nesta actividade será moi ben recibido, axudará a protexer o noso.

É importante que recordes que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa e o pago por anticipado. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas ou que non fixesen o pago no prazo establecido. 

Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!