Velaquí unha xornada moi especial da nosa iniciativa “Falando de natureza”. Nesta ocasión poñeremos o foco na poesía, xénero literario que ademáis de manifestar unha singular beleza e sentimento estético, pode ser unha ferrmosa canle para salientar o noso patrimonio natural, ao tempo que servir de altofalante para a denuncia ambiental, expresando o desleixo e as agresións que sofre a natureza. 

Neste sentido, a recente obra de poemas “Pousos de natureza”, publicada en edición de autor, recolle nas súas pasaxes este particular fío condutor. Cun coidado deseño e maquetaxe a cargo de Abraham Vila, responsable tamén das fermosas ilustracións que salpican a obra, esta publicación é o sexto libro de poemas de Ricardo Seixo, con quen teremos a sorte de contar nesta palestra. Coa súa nova entrega o autor agarda que albisquemos un carreiriño- nesta fraga atestada de mato espeso- para irmos na procura do merlo cantor. Ogallá así sexa.

Ricardo Seixo Fernández (A Coruña – Curtis, 1950). Ten publicado “Ollares…no fondo da retina…na paisaxe dos afectos” (2016), “Versos noctámbulos” (2018), “Na república da intimidade” (2019), “Sinais” (2021) e “Coa luz negada” (2021 – Asociación Veciñal AGRA). Poeta, docente, compositor e intérprete musical, formou parte nos anos 70 do século pasado do mítico grupo musical Verbas Xeitosas.

“Só de sermos quen de escoitar a natureza poderemos valorar a vida na súa dimensión de eternidade”, comenta Ricardo ao respecto da súa nova obra.

A xornada contará non soamente coa presentación do libro, senón que estará ben acompañada grazas á lectura dalgunhas pasaxes da obra por parte do colectivo de recitado “Gosto de vivir a poesía”, quen arroupará ao autor. O broche final virá a cargo da música do Grupo Maraxe, que nos deleitará cunha serie de cantigas tradicionais galegas.

Como podes ver agárdase unha velada moi completa, de balde e aberta ao público, que terá lugar o vindeiro martes, 18 de xullo, ás 20h, no local social do G.N.Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña –ver localización no mapa-). Para a asistencia e participación presencial é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Agradécese a asistencia do público no local, xa que teremos a sorte de contar connosco ao autor do libro, en compañía do colectivo de recitado e o grupo musical. Así e todo, se non te podes achegar ou se quedasen as prazas cubertas, tamén poderás conectar a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito. Rematado o faladoiro daremos paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen recibidas.

O propio Ricardo achegará ao local varios exemplares do libro no día da actividade, para quen desexe facerse finalmente cun volume dedicado da obra.

Podes serguir o directo na nosa canle de Youtube:

E tamén:

 

Agardámoste!

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014