Retomamos os nosos prezados Encontros Naturalistas, adaptando o formato de retransmisión á situación actual para que poidas gozar das conferencias dende o teu fogar.
Nesta ocasión contaremos con Ricardo Ferreiro, Presidente da nosa entidade, biólogo, docente e experto herpetólogo, eido ao cal dedicou a súa tese de licenciatura “Ecología reproductora del lución (Anguis fragilis Linnaeus, 1758: Sauria: Anguidae.) en el noroeste de la Península Ibérica”, sendo ademáis autor e coautor de multitude de notas e artigos científicos nesta rama da zooloxía. Da man de Ricardo faremos unha Introdución á herpetoloxía galega, coñecendo de preto os anfibios e réptiles da nosa contorna.
A emisión desta conferencia será en directo, o domingo 12 de abril ás 18h. Se estás interesado en participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles Facebook ou YouTube, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas, léndoas en directo ao relator.
Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:
E tamén:
Agardámosche!

Leave A Comment