Nesta fin de semana terá lugar unha nova xornada recollida baixo a inciativa “Traballando pola mellora do patrimonio natural“ no 2017.

Da man -un ano máis- do Colectivo Matogueira e da Comunidade de Montes de Coruxo, e logo da afección nesta contorna polos de incendios forestais acontecidos recentemente, o Voluntariado ABANCA axudará nos traballos que se están a levar a cabo sobre o terreo, e que procuran minimizar o impacto derivado da perda de solo, escorrentía e contaminación tras o lume, desenvolvendo diversas tarefas de xeito coordinado.

Continuamos coa aposta pola implicación e conservación do medio natural!