Velaquí tedes aos gañadores do IV Certame de Debuxo da Natureza…NORABOA A TODOS!
2ª CATEGORÍA (14 anos ou máis)
Os tres primeiros postos no certame recaeron sobre:
Seguindo o especificado nas bases reguladoras, e tendo en conta que un mesmo autor soamente pode ser galardoado cun premio nalgunha das súas obras, a selección foi especialmente difícil nesta categoría.
Na seguinte figura móstranse as 9 obras que acompañarán aos tres primeiros premios para ilustrar o calendario 2017. De entre elas, considéranse “gañadores na súa especie” aos autores das ilustracións que representan a Foeniculum vulgare, Papilio machaon, Sciurus vulgaris, Tyto alba, Anax imperator, Picus sharpei, Margaritifera margaritifera. Aquelas que representan a Misumena vatia e Boletus aestivalis non teñen consideración de “gañadores na súa especie”, por pertencer a autores xa galardoados nos primeiros postos, pasando estes dous premios a quedar desertos pese a figurar as obras no calendario.
Así mesmo, o xurado decidiu tamén deixar desertos os premios nas seguintes especies: Daboecia cantabrica, Troglodytes troglodytes, Pinus sylvestris, Crocidura russula, Falco subbuteo, Castanea sativa.
1ª CATEGORÍA (menores de 14 anos)
Velaquí as 12 obras que ilustrarán o calendario 2017, considérandose “gañadores na súa especie” aos autores das ilustracións que representan a Daboecia cantabrica, Troglodytes troglodytes, Foeniculum vulgare, Papilio machaon, Crocidura russula, Falco subbuteo, Castanea sativa, Picus sharpei, Formica rufa, Margaritifera margaritifera, Salmo trutta trutta.
A que representa a Pinus sylvestris non ten consideración de “gañadora na súa especie”, por pertencer a un autor xa galardoado.
Así mesmo, e a pesar de ser excluidas polo xurado da súa aparición no calendario, tamén son “gañadores na súa especie” as obras dos seguintes artistas:
– Daniel Ferreño Meilán, pola obra titulada “TEIXEDORA NA QUEIROGA” (Misumena vatia)
– Pablo Mosquera Pérez, pola obra titulada “ESQUÍO PEQUENO” (Sciurus vulgaris)
– Inés Martín Rouco, pola obra titulada “TE ESPERO EN CASA” / “ESPERO EN CASA” (Tyto alba)
– Luana Álvarez Sánchez, pola obra titulada “AIRE DE COLORES” (Anax imperator)
– Lidia María Blanco Fraga, pola obra sen título de (Boletus aestivalis)
Nesta categoría o xurado decidiu tamén deixar deserto o premio nas seguintes especies: Cuculus canorus, Pinus sylvestris.
MOITAS GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!!
Estade agora atentos ás novidades que vaiamos publicando na nosa web respecto das datas da exposición pública das obras e do acto de entrega de premios.
Colabora





Leave A Comment