O vindeiro sábado, 19 de xullo de 2025, de 22h a 00:30h, convidámoste a vivir unha experiencia máxica na noite, a “Noite das avelaíñas”, unha actividade pensada para todas aquelas persoas que queiran descubrir o fascinante mundo das avelaíñas e doutros insectos nocturnos. Terá lugar na Capela de San Vitorio, Begonte (Lugo), onde contaremos co apoio da Asociación Galega de Custodia do Territorio e coa Sociedad para la conservación y el estudio de las mariposas de España (SOCEME).

Baixo a luz das lámpadas entomolóxicas, observaremos de preto a diversidade de lepidópteros nocturnos, aprenderemos a diferencialos e coñeceremos o seu papel nos ecosistemas, así como os perigos que lles afectan, como a contaminación lumínica.

Esta actividade ten un custo de:

  • Socios/as G.N. Hábitat:
    • Maiores de 14 anos: 8€
    • Nenos (menores de 14 anos): 5€
  • Non Socios/as G.N. Hábitat:
    • Maiores de 14 anos: 10€
    • Nenos (menores de 14 anos): 8€

O importe que se recade destinarase á nosa loita contras as agresións ambientais e a conservar os nosos espazos naturais de forma activa.

Tes ata o venres, 18 de xullo do 2025, ás 14h para inscribirte!!

 

Lembramos que para participar é imprescindible realizar a inscrición previa e formalizar o pago dentro do prazo establecido. Non se permitirá a asistencia de persoas que non estean inscritas ou que non teñan completado o proceso de pago en tempo e forma.

Todas as persoas participantes estarán cubertas cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da actividade. Ademais, recibirán toda a información necesaria e as recomendacións oportunas para garantir unha experiencia segura e satisfactoria.

Pregamos compromiso e responsabilidade á hora de asistir. No caso de non poder participar tras confirmar a túa praza, agradeceriamos que nos informaras canto antes. Deste xeito, poderemos ofrecer esa praza a outra persoa interesada e contribuír a que máis xente poida desfrutar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Unha oportunidade única para achegarse á biodiversidade da noite, escoitando o silencio, abrindo os ollos ao detalle, e deixando que a curiosidade nos leve da man.