Debido a unhas baixas de última hora, temos prazas dispoñibles para participar en sesións soltas da Escola en Familia 2025. Esta é unha oportunidade para aquelas familias que non puideron inscribirse ao programa completo, ou que simplemente desexan gozar dunha ou varias das saídas puntuais que propoñemos ao longo do verán.
A Escola en Familia é unha proposta pensada para acompañar ás crianzas no descubrimento do mundo natural, para que medren conectadas co entorno, coas emocións e co respecto pola biodiversidade. Cada sesión está deseñada para aprender mediante a observación, o xogo e a curiosidade, nun ambiente familiar e tranquilo.
Xornadas:
-
- 19 de xullo: Insectos en Rábade (Lugo) (Rematada).
- 3 de agosto: Mamíferos no Encoro de Abegondo-Cecebre (Rematada).
- 10 de agosto: Intermareal (cnidarios, poríferos, crustáceos, peixes, briozoos, algas, poliquetos e moluscos) en Bastiagueiro (Oleiros) (Rematada).
- 30 de agosto: Anelamento de aves en Ponteceso (Rematada).
- 08 de novembro: Anfibios no río Brexa (Carral) (Aberta) (De 20 a 22:30h).
Cota:
Todas as persoas inscritas estarán cubertas cun seguro de responsabilidade civil e de accidendes durante o desenvolvemento das accións previstas e os permisos administrativos necesarios para levar a cabo as actividades no medio natural, así mesmo disporan de todas as ferramentas necesarias para o disfrute das actividades.
O importe de cada actividade é de:
25 euros para un neno/nena de entre 6 a 12 anos e un adulto responsable (engadir un menor de 6 a 12 anos + 15 €; e un adulto + 8 € (máximo 2), sempre da mesma unidade familiar).
50% de desconto para os socios familiares con 6 meses de antigüidade.
A cota abonarase antes das actividades para reservar a praza.
Inscrición:
Se queres formar parte desta experiencia única, animámoste a enviar a túa solicitude antes das 14:00 horas do venres antes de cada unha das datas propostas, ou ata completar aforo. O formulario de inscrición está dispoñible no seguinte enlace:
Se sentes unha profunda conexión coa natureza e queres compartirla cos máis pequenos, ¡non deixes pasar esta oportunidade única!
Conectemos coa natureza, aprendamos a coidala e facémolo en familia. Estades a tempo de sumarvos!

Leave A Comment