Este sábado, 28 de xuño de 2025, de 20:00 a 23:00 h, convidámoste a descubrir o fascinante mundo das aves nocturnas no parque de Bens. A cidade non dorme de todo cando se apagan as luces, na escuridade outras vidas espertan e outros sons cobran protagonismo. 

A través dunha saída interpretativa, coñeceremos especies como a curuxa ou a avelaiona, explorando as súas adaptacións á vida nocturna e o seu papel nos ecosistemas urbanos. Aprenderemos a identificalas polos seus cantos, apariencia e comportamento.

Ademais de descubrir especies tan discretas e imprescindibles, reflexionaremos sobre a importancia da conservación destes animais e dos espazos naturais que habitan. Unha oportunidade única de conectar coa natureza máis aló do que observamos a simple vista.

Xornada de balde e aberta ao público entre 12 e 30 anos. Para a asistencia e participación é imprescindible a inscrición a través da seguinte ligazón: