Continuamos coas actividades primaverais do proxecto “Coñece o teu mar”, dentro do cal o Grupo Naturalista Hábitat está a organizar actividades divulgativas sobre o medio mariño que nos rodea, cofinanciadas pola Unión Europea a través do GALP Golfo Ártabro Sur. O obxectivo é educar e concienciar sobre a importancia dos ecosistemas mariños, a súa biodiversidade, conservación e os impactos humanos neles.
A finais de marzo estaremos na Casa da Cultura Vila Concepción do Concello de Cambre (Praza Vila Concepcion, 1, Cambre: ver localización no mapa) co seguinte programa de actividades:
Sábado 29 marzo
- 10.00 – 11.30h – Actividade sobre medio mariño.
- 12.00 – 13.30h – Actividade sobre fauna mariña.
Domingo 30 marzo
- 10.00 – 11.30h – Actividade sobre flora mariña.
- 12.00 – 13.30h – Saída de campo.
As xornadas son de balde e abertas ao público, previa reserva de praza (inscrición) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Todos os participantes que sexan confirmados vía e-mail contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía e-mail a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Dúbidas e comentarios en mares@gnhabitat.org│639 131 688
Agardámoste!

Leave A Comment