Con 25 anos de retraso a Xunta está a tramitar a principal ferramenta de xestión das Fragas do Eume, o PRUX (Plano Reitor de Uso e Xestión). Cómpre subliñar que este documento, obrigatorio por lei para cada espazo protexido, debería ter sido aprobado no prazo de dous anos logo da declaración do parque, isto é, en 1999.
GRUPO NATURALISTA HÁBITAT, ADEGA, FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA, SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL, GRUPO LOBO, ASOCIACIÓN BETULA, REBINXE (RECUPERACIÓN DA BIODIVERSIDADE NA XEOGRAFÍA RURAL), AGCT (ASOCIACIÓN GALEGA DE CUSTODIA DO TERRITORIO), SGO (SOCIEDADE GALEGA DE ORNITOLOXÍA), COLECTIVO TERRA E MORCEGOS DE GALICIA, asinamos unha nota de prensa onde expoñemos a nosa preocupación polo desleixo da Xunta na conservación deste emblemático Parque Natural.
Podes ler o comunicado completo na seguinte ligazón:

Leave A Comment