O vindeiro sábado 4 de xuño levaremos a cabo unha nova xornada de traballo co Voluntariado ABANCA,  baixo a iniciativa “Traballando pola mellora do patrimonio natural“.

Nesta ocasión, e da man do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, colaboraremos nas tarefas de eliminación de especies exóticas nas Illas Cíes, centrados na retirada de exemplares de eucalipto e acacia que proliferan neste espazo natural protexido.