No vindeiro “Falando de natureza” visitaremos o Centro Integrado de Formación Profesional (C.I.F.P.) Ánxel Casal-Monte Alto, para levar a cabo nas súas instalacións unha charla na que poñeremos en valor a diversidade biolóxica presente no Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Torre de Hércules, ao tempo que destacaremos os esforzos e os avances que o voluntariadio ambiental está a acadar nesta contorna no eido da loita contra as especies exóticas invasoras. A xornada será a antesala dunha próxima actividade de campo na que alumn@s e docentes do centro sumarán forzas nestas tarefas, que están conseguindo unha mellora ambiental do espazo protexido e a recuperación da vexetación nativa, cuestións xa contrastada grazas ao traballo colaborativo do G.N.Hábitat coa Área de Botánica da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.

Leave A Comment