Este sábado, 5 de outubro, faremos un Obradoiro de Macroinvertebrados no río Barcés no concello de Abegondo co noso proxecto “Vixías dos nosos ríos”. Desfrutaremos dos valores naturais da contorna mentres aprendemos do macroinvertebrados que empregamos para coñecer a calidade dun río.
O río Barcés é afluente do río Mero e, polo tanto, ten moita importancia, posto que é o noso proveedor de auga potable no Encoro de Abegondo-Cecebre. É por este motivo que garantir o seu bo estado ambiental en todos os seus tramos debe ser unha prioridade, xa que desta forma non solo coidamos do noso entorno, se non tamén da nosa saúde e da de miles de personas que beben estas augas.
A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o sábado, 5 de outubro do 2024, de 17h a 19:30h. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Esta ruta encádrase no programa de actividades de “Vixías dos nosos ríos”, un proxecto do Grupo Naturalista Hábitat subvencionado por Augas de Galicia.
Dúbidas e comentarios en vixiasrios@gnhabitat.org│639 13 16 88
Agardámoste!

Leave A Comment