O vindeiro domingo, 30 de abril do 2023, en colaboración co equipo de Voluntariado do Concello de Bergondo, levaremos a cabo unha xornada de achegamento ás aves no Pazo de Mariñan. Da man do noso compañeiro e vicepresidente, Santiago Vázquez, avezado no eido da ornitoloxía, os asistentes poderán aprender a identificar as aves que habitan na fermosa marisma do Mandeo, que baña a contorna do pazo, e coñecerán anécdotas e curiosidades ligadas á nosa avifauna.

Leave A Comment