O G.N. Hábitat ven efectuando a o longo dos anos limpezas de residuos nos entornos naturáis, xa que a práctica do littering, ou abandono de residuos, e un dos maiores problemas medioambientais que afecta a nosa biodiversidade.

Xunto A Fundación Fragas do Mandeo e cumprindo cos seus obxectivos de custodiar e preservar a biodiversidade do territorio na comarca das Mariñas, decidimos realizar en conxunto unha limpeza dos residuos acumulados no entorno do bosque de ribeira do río Barcés,  dentro da zona de especial conservación (ZEC) do encoro Cecebre-Abegondo, declarado provisionalmente espazo natural de interese local (ENIL) e pertencente á Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, para minimizar o impacto medioambiental no ecosistema da zona.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro domingo, 28 de xaneiro ás 10:30 h na contorna do bosque de ribeira do río Barcés (Abegondo). Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!

2018-01-25T13:37:19+00:0024 Xaneiro 2018|0 Comments

Leave A Comment