E sen parar cos actos de conmemoración do Día do Naturalismo Galego, mañá xoves, 9 de marzo, desenvolveremos outra xornada no marco dos nosos Encontros Naturalistas. Desta volta acudiremos á contorna da Torre de Hércules cos rapaces do IES Miraflores, para levar a cabo unha xornada de aprendizaxe e análise do estado ecolóxico deste espazo natural. Os alumnos iniciaranse na posta en práctica de mostraxes botánicas, avaliando a riqueza vexetal e o impacto das especies exóticas invasoras.

De novo, fornecendo futuras xeracións de grandes naturalistas!

#9MDiaNaturalismoGalego