O 9 de marzo, continuando cos actos de conmemoración do Día do Naturalismo Galego, desenvolveremos unha nova actividade facendo o que máis nos gusta: compartir a nosa paixón e coñecementos sobre biodiversidade con toda a sociedade. Nesta ocasión, e acompañados polos rapaces do CEIP Plurilingüe de Andrade, aprenderemos sobre a nosa riqueza ornitolóxica nunha nova xornada dos nosos Encontros Naturalistas.

Fornecendo futuras xeracións de grandes naturalistas!

#9MDiaNaturalismoGalego