O vindeiro xoves 18 de decembro, ás 20:30 h, culminaremos a XIII edición da nosa Escola de Naturalistas cun encontro moi especial: a tradicional Mesa de Grandes Naturalistas, que terá lugar no local do Grupo Naturalista Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo, A Coruña) e será tamén retransmitida en directo por vía telemática.
Nesta ocasión, convidamos a distinguidos naturalistas e apreciados colegas, entre eles:
- Jose Luis Rabuñal
Ornitólogo de referencia en Galicia. Coñecedor en profundidade e estudoso incansable do esteiro do río Anllóns (Ponteceso), onde leva feitas milleiros de horas de censos e descubrimentos. Con máis de 84 anos, leva apaixonado pola natureza —e polas aves en particular— desde ben novo.
- Viviana Peña Freire
Doutora en Bioloxía e Profesora da área de Botánica da Universidade da Coruña – Grupo de investigación en Bioloxía Costeira (BIOCOST), Centro Interdisciplinar de Química y Biología (CICA). A súa liña de investigación, así como a súa afección persoal, ven marcada pola biodiversidade e a conservación de comunidades vexetais mariñas, eido no que acubilla numerosas publicacións científicas.
- Conchi Pérez Dopico
Enxeñeira Técnico Agrícola. Actualmente desenvolve a súa carreira profesional como Directora Técnico en Trébore Xardinaría, empresa de economía social na que leva implicada 25 años. O mundo vexetal é a súa paixón, onde aposta pola transición dun modelo de xardinaría tradicional a unha más rexenerativa, respectuosa co medio e integrada cos fluxos da natureza.
Estamos profundamente agradecidos pola súa participación e ansiosos por escoitar as súas experiencias de campo, os seus inicios e outras narrativas fascinantes relacionadas co medio natural.
Será unha xornada única, onde o naturalismo será o fío condutor das conversas, abrindo espazo para compartir anécdotas, reflexións e lembranzas. Estamos entusiasmados por crear este ambiente de diálogo enriquecedor, contribuíndo así ao noso compromiso co estudo e conservación medioambiental. ¡Esperamos contar coa presenza de todos os interesados nesta apasionante charla!
Logo da relevancia desta xornada, ademais dos membros da Escola de Naturalistas poderán asistir á xornada un reducido número de plazas de público en xeral, ata completar o aforo. A participación é de balde mais as prazas son limitadas, polo que para poder asistir é imprescindible a inscrición previa (reserva de praza) a través do seguinte formulario:
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. No caso de non poder acudir, infórmanos da túa situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Podes seguir o directo na nosa canle de Youtube:
E tamén:
Animádevos e compartide connosco este encontro!
Dúbidas e comentarios no 981 135 014 | inscricion@gnhabitat.org
Actividade encadrada dentro do programa: Promove:



Leave A Comment