Continuamos ca XII promoción de Escola de Naturalistas. Este cuarto bloque estará dedicado á flora, coa charla “Introdución á Botánica” e a súa correspondente saída de campo. Nel iniciarémonos no coñecemento florístico de espazos significativos, dende o punto de vista botánico, da nosa contorna.
Este bloque de contidos virá impartido polos compañeiros/as do G.N.Hábitat:
Eva Martínez:
especializada en conservación de flora amenazada e restauración. Traballa na UDC nos proxectos de restauración do río Barcés, RedeVerde, seguimento de especies invasoras.
Iván Rodríguez:
Especializado en caracterización e xestión de flora. Traballou con taxonomía e caracterización de algas vermellas. Na actualidade está a traballar con bioxeografía de Ericaceas.
Vémonos na Escola compañeiros!
Coa colaboración de


Leave A Comment