Chegamos á 10ª convocatoria, o Grupo Naturalista Hábitat, da man da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa) e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, comprácese en organizar o X CERTAME DE DEBUXO DA NATUREZA “Vida silvestre do encoro de Cecebre”.
Este ano, baixo o título “As beiras do encoro“, o G.N.Hábitat quere poñer en valor a importancia das marxes dos medios acuáticos, con especies que podemos ver nas beiras deste espazo natural. As ribeiras son importantes porque actúan como transición entre o medio acuático e o terrestre e son empregadas por moitas especies como corredores ecolóxicos, conectando uns espacios con outros e facilitando a conectividade entre das poboacións.
Coa posta en marcha desta iniciativa preténdese implicar á xente no contacto coa súa contorna, a través do debuxo da flora, fauna e xea presente no espazo natural protexido do encoro de Cecebre [integrado na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo] e as cuncas dos ríos Mero e Barcés, co gallo de consolidar na cidadanía unha corrente de interese polo coñecemento e preocupación pola conservación do Patrimonio Natural.
A inscrición é de balde e aberta á cidadanía, non sendo preciso ter aptitudes nin coñecementos en ilustración para poder participar, tan só as ganas de gozar da natureza a través do debuxo.
Haberá dúas categorías diferentes (menores e maiores de 14 anos) e premios en todas elas para as obras máis salientables. Así mesmo, de entre as obras achegadas seleccionaranse aquelas que pasarán a ilustrar o Calendario 2023 da nosa entidade.
O prazo de peche de inscricións e entrega dos debuxos rematará o 30 de xuño de 2022.
Toda persoa que desexe participar deberá ler e cumprir o recollido no documento das Bases Reguladoras (dende as cales se da acceso ao formulario de inscrición online), dispoñibles na seguinte ligazón:
Así mesmo, podes descargar o cartel do X certame de debuxo na seguinte ligazón, e animar a compañeiros e amigos a participar!
Anímate, difúndeo e axúdanos a superarnos este ano!!
* Se queres atopar máis información, imaxes e vídeos de anteriores convocatorias desta iniciativa, visita a seguinte ligazón: novas do certame na nosa web.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Promove: Colabora:



Leave A Comment