Este venres continuamos coas rutas divulgativas do proxecto Víxías dos nosos ríos. Desta volta achegarémonos ao río Xarío, no concello de Miño, un pequeno pero valioso curso fluvial que agocha unha grande riqueza natural.

Descubriremos a biodiversidade que esconden as súas augas e o seu bosque de ribeira, situado na contorna da Fraga de Xarío. En actividades previas na zona levadas a cabo polo Grupo Naturalista Hábitat atopáronse especies como o caracol de Quimper (Elona quimperiana) un molusco de distribución moi restrinxida, ou a anguía europea (Anguilla anguilla) un peixe fascinante que realiza unha longa migración. Prestaremos especial atención para tentar rexistrar novas especies. 

Ademais de coñecer a biodiversidade do río Xarío, falaremos das principais ameazas que o afectan, como a presenza de flora exótica invasora ou as infraestructuras humanas que rompen a súa conectividade ecolóxica.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o venres 30 de maio do 2025, de 17:30h a 20:30h. Para participar, é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Esta ruta encádrase no programa de actividades de “Vixías dos nosos ríos, un proxecto do Grupo Naturalista Hábitat subvencionado por Augas de Galicia.

Dúbidas e comentarios en vixiasrios@gnhabitat.org699 876 322

Agardámoste!