Seguimos coas actividades do proxecto Víxías dos nosos ríos, e nesta ocasión temos unha nova saída prevista para este domingo ao río Mero, no Concello de Cambre. Durante a xornada observaremos a gran biodiversidade que nos ofrece a primavera e rexistraremos a presenza de especies exóticas invasoras. Analizaremos a importancia do bosque de ribeira para o ecosistema fluvial detectando posibles ameazas e impactos. 

O río Mero xoga un papel clave como fonte de abastecemento de auga para a área metropolitana da Coruña, polo que conseguir un bo estado ecolóxico é esencial para a calidade da auga e a saúde das persoas.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o domingo, 27 de abril do 2025, de 10:00h a 14:00h. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Esta ruta encádrase no programa de actividades de “Vixías dos nosos ríos, un proxecto do Grupo Naturalista Hábitat subvencionado por Augas de Galicia.

Dúbidas e comentarios en vixiasrios@gnhabitat.org981 135 014

Agardámoste!