Este Xoves, 17 de abril do 2025, de 10 a 14:30h, faremos unha andaina naturalista nas Fragas do Eume, un exemplo das nosas fragas cada vez máis escasas e que estamos a buscar nas nosas Fragas Perdidas. Será un roteiro duns 7 km á beira do río Eume para desfrutar dalguns dos recunchos mellor conservados do Parque Natural. Nel poderemos achegarnos á flora e fauna que pobla os bosques e ribeiras deste emblemático río.
Esta actividade enmárcase dentro da iniciativa Hábitat Protexe, e o importe que se recade destinarase á nosa loita contras as agresións ambientais e a conservar os nosos espazos naturais de forma activa.
-
- Socios/as G.N. Hábitat:
- Adultos (maiores de 14 anos): 8 €
- Nenos (menores de 14 anos): 5 €
- Socios/as G.N. Hábitat:
-
- Non Socios/as G.N. Hábitat:
- Adultos (maiores de 14 anos): 10 €
- Nenos (menores de 14 anos): 8 €
- Non Socios/as G.N. Hábitat:
- As prazas son limitadas. Para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat.
Tes ata o mércores, 16 de abril, ás 20 h, para inscribirte!!!
No correo de reserva de praza recibirás as instrucións para realizar o abono. É importante que lembres que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa e o pago por anticipado. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas ou que non fixesen o pago no prazo establecido.
Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment