O vindeiro sábado continuamos coas actividades divulgativas de Víxías dos nosos ríos cunha nova ruta. Nesta ocasión visitaremos o río Anllóns, ao seu paso polo Concello da Laracha.

Durante a xornada centraremos a nosa atención na fauna e a flora da contorna. Nunha curta andaina, totalmente accesible, exploraremos as súas augas, o bosque de ribeira e os hábitats próximos. Observaremos de preto organismos acuáticos, identificaremos as especies de aves polo seu canto e procuraremos sinais da presenza de mamíferos.

En anteriores actividades do Grupo Naturalista Hábitat neste río, analizamos o estado ecolóxico das augas e a calidade do bosque de ribeira. Froito da análise dos organismos bioindicadores que viven nas súas augas sabemos que é un río que se atopa en moi bo estado. Tamén detectamos impactos como lixo no leito do río, e o pasado outono retiramos 66 kg de residuos do seu cauce. Con esta actividade daremos a coñecer o gran valor natural do río Anllóns, e de seguro identificaremos novas especies durante o percorrido.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o sábado, 18 de abril do 2026, de 10:30h a 13:30h. Para participar, é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Esta ruta encádrase no programa de actividades de “Vixías dos nosos ríos, un proxecto do Grupo Naturalista Hábitat subvencionado por Augas de Galicia.

Dúbidas e comentarios en vixiasrios@gnhabitat.org699 876 322

Agardámoste!