Continuamos ca VIII promoción de Escola de Naturalistas. Este cuarto bloque estará dedicado á fotografía da natureza, coa charla “Introdución á Fotografía da Natureza” e a súa correspondente saída de campo. Afondaremos no gratificante mundo desta disciplina, coñecendo as súas técnicas e aparellos, aprendendo as nocións básicas para perfeccionar a nosa técnica fotográfica e conseguir mellores resultados nas nosas tomas.

Este bloque de contidos virá impartido polo compañeiro do G.N.Hábitat:

Manu Ruíz:

Antigo alumno da Escola de Naturalistas, con moitos anos de experiencia na fotografía da Natureza, gran coñecedor da fotografía de paisaxe e fauna, incansable traballador para conseguir uns resultados impresionantes nas súas obras.

Vémonos na Escola compañeiros!