O biólogo Fernando Anido Pedreira é o primeiro convidado a esta nova xeira de conferencias do G. N. Hábitat que batizamos como “Viaxes Naturalistas”. A charla de Fernando titularase “Biodiversidade das Malvinas” e centrarase na fauna e paisaxes deste arquipélago do Atlántico Sur.
Esta actividade conta co apoio de BirdWild Tours: Birding & Wildlife Experiences, empresa especializada en viaxes ornitolóxicos e naturalistas personalizadas en Sierra Morena, Doñana, Extremadura e outros destinos interesantes da Península Ibérica.
A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro xoves, 26 de febreiro do 2026, ás 20h no local social do G. N. Hábitat. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment