Obra Social ABANCA , coa participación do G.N.Hábitat, pon en marcha por terceiro ano consecutivo o programa “Traballando pola mellora do patrimonio natural”, cun ciclo de xornadas dirixidas á posta en valor, implicación e conservación do medio natural. Así, neste 2018 o Voluntariado ABANCA desenvolverá novamente diversas accións en prol da natureza, da man de diferentes entidades colaboradoras. A iniciativa, eminentemente práctica, é froito da aposta pola participación activa na conservación medioambiental a través da coñecida Responsabilidade Social Corporativa, área prioritaria da entidade.
E como primeira acción desta ano, contamos de novo coa colaboración do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, sumándonos proximamente ao programa de voluntariado coordinado polo equipo técnico do Parque Nacional, con que traballaremos de man nas tarefas de eliminación de especies exóticas invasoras que proliferan nas Illas Ons.

Leave A Comment