O sábado 23 de marzo terá lugar a quinta xornada baixo a inciativa “Traballando pola mellora do patrimonio natural“ no 2019. Nesta ocasión, os voluntarios centrarán os seus esforzos na recuperación e a posta en valor do bosque autóctono de ribeira na Zona Especial de Conservación Parga-Ladra-Támoga.

A actividade contará coa colaboración da Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), que teñen en custodia as parcelas nas que se vai a traballar e que traballan arreo pola conservación do medio natural a través da custodia de parcelas.

Continuamos coa aposta pola implicación e conservación do medio natural!

Información e inscricións en rsc@abanca.com