cartel_utopias_1

Este sábado 6 de agosto, de 17 a 20 horas na contorna da Casa das Ciencias (Parque de Santa Margarita. A Coruña –ver mapa de localización-), compañeiros de Hábitat montaremos un stand nos soportais do edificio, onde informaremos a todo aquel que se queira achegar sobre o noso traballo, iniciativas, publicacións e demais recursos da entidade, aproveitando para animar á xente a participar activamente nas nosas actividades. Pasaremos unha agradable xornada falando sobre o que máis nos gusta: a conservación, estudo e divulgación do patrimonio natural, e aproveitaremos para amosar algúns dos elementos que utilizamos e atopamos acotío nas nosas saídas de campo.

A xornada enmárcase dentro da feira “Parque das Utopías“, organizada pola Cooperativa de Xestión Cultural-Culturactiva SCG, que pretende ser un espazo aberto, colaborativo e temático, no que ao longo da primeira quincena de agosto desenvolveranse diversas propostas musicais, teatrais e formativas, e que orienta a súa temática do día 6 no eido medioambiental.

Achégate e fainos unha visita!!